Marín levanta a prohibición do baño na praia de Portocelo tras confirmar a boa calidade da auga

Os resultados das probas realizadas descartan a presenza de contaminación por enterococos intestinais e E. coli
praia-portocelo-marin
28 Aug 2026

O Concello de Marín informou de que xa está permitido novamente o baño na praia de Portocelo despois de que as últimas análises confirmasen que a auga do areal non presenta contaminación microbiolóxica.

Segundo comunicou o consistorio, os resultados das probas realizadas descartan a presenza de contaminación por enterococos intestinais e E. coli, polo que se decidiu levantar a restrición establecida nas últimas horas.

A prohibición do baño entrara en vigor este xoves, despois de que as analíticas efectuadas pola Consellería de Sanidade detectasen inicialmente valores que obrigaron a pechar o areal de maneira preventiva.

Co resultado das novas análises, a praia recupera así a normalidade e o baño volve estar autorizado.

0.30699706077576