Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 09.00 horas deste martes

A Consellería do Medio Rural actualizou a situación dos incendios forestais en Galicia, cunha especial incidencia na provincia de Ourense, onde permanece decretada a Situación 2 en toda a provincia. Esta declaración permite unha maior axilidade de medios da Xunta, doutras administracións e da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Coruña
Controlado Muxía-Nosa Señora da O (23 ha): controlado desde as 21.13 horas de onte. Participaron 3 técnicos, 25 axentes, 40 brigadas, 23 motobombas e 1 helicóptero.
Lugo
Controlado Cervantes-Vilarello (150 ha) desde as 08.35 h.
Controlado O Saviñao-Chave (60 ha) desde as 01.58 h.
Controlado A Fonsagrada-Monteseiro (150 ha) desde o domingo 10.
Ourense
Activos:
Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso-Mormentelos (17.500 ha).
Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín (15.000 ha).
A Mezquita-A Esculqueira (10.000 ha).
Vilardevós-Vilar de Cervos (900 ha).
Vilardevós-Moialde (500 ha).
Larouco-Seadur (20.000 ha).
Carballeda de Avia-Beade (3.500 ha).
Estabilizados:
Maceda-Santiso e Castro Escuadro (3.500 ha).
Vilardevós-Fumaces e A Trepa (100 ha).
Riós-Trasestrada (20 ha).
San Cibrao das Viñas-Rante (60 ha).
Montederramo-Paredes (120 ha).
Pontevedra
Estabilizado Agolada-O Sexo (400 ha), con activación preventiva da Situación 2 polo risco para o núcleo de poboación.
Medidas de protección
Mantéñense confinamentos e desaloxos en zonas de Ourense, aínda que durante a noite parte da veciñanza de Pentes (A Gudiña) decidiu marchar de forma preventiva polos seus propios medios, mentres o resto permaneceu confinado.