Miguel Poveda interpreta en Vigo o Poema del cante jondo de Lorca nun concerto íntimo e flamenco

O cantaor flamenco Miguel Poveda ofrecerá o vindeiro 9 de maio, ás 21.00 horas, un concerto no Teatro Afundación de Vigo onde interpretará a súa particular homenaxe musical ao Poema del cante jondo de Federico García Lorca.
Acompañado polo guitarrista Jesús Guerrero, Poveda mergullarase na lírica telúrica do poeta granadino, nun espectáculo que promete ser unha experiencia única de flamenco na súa forma máis esencial.
O artista catalán publicou o pasado ano o disco Poema del cante jondo, considerado por moitas publicacións especializadas como un dos mellores álbums flamencos da última década. Tal como explicou en diversas entrevistas, a idea naceu tras atopar o libro de Lorca durante unha mudanza: «precisaba un elemento, e apareceu Lorca», confesou.
O resultado é “unha obra de amor ao Poema del cante jondo”, que agora chega a Galicia nun formato íntimo, onde a voz inconfundible de Poveda se entrelaza coa guitarra de Guerrero para recrear un universo lorquiano cheo de emoción, beleza e autenticidade.