Nil Ibañez, do Club Natación Granollers, e Aida Bertran, do Atletic Barceloneta, gañan a 54 edición da Travesía ao Dique

Na cita, organizada coa colaboración do Concello da Coruña, participaron máis de 200 nadadores e nadadoras
travesia-al-dique-podio
25 Jul 2026

A Travesía ao Dique, organizada coa colaboración do Concello, tivo lugar esta mañá na cidade. A competición deu comezo coa categoría Absoluta sobre unha distancia de 3500 metros, despois os Master e por último os menores.

Na proba absoluta de 3500 metros, puntuable para a Copa de España de Augas Abertas e o Circuíto Galego Arzúa-Ulloa de Augas abertas proclamáronse campións Aida Bertran, do Atletic Barceloneta, Blanca Alonso, do Ciudad de Oviedo e Alba Mestre, do Atletic Baceloneta, na femenina e Nil Ibañez, do Club Natacion Granollers, seguido de Xoel Cubeiro e Santiago Aviles ambos os do Liceo, na masculina.

"Foi unha competición memorable. Desfrutamos moito vendo os nadadores e nadadoras dalo todo. Desde o Goberno de Inés Rey apostamos decididamente por seguir traendo eventos deportivos de primeira categoría a esta cidade. Creo que xa somos todo un referente nacional neste ámbito. Apostar por estes eventos é apostar pola cidade", apuntou o conclleiro de Deportes Manuel Vázquez.

Entregaron os trofeos Manuel Vázquez Concelleiro de Deportes, Juan Carlos Brion Presidente da Federación galega de Natación, Boris Mosquera de Blue Leaders e Raúl Solleiro Tizón, Presidente do club Natación Coruña

A seguridade correu a cargo da Cruz Roja do Mar e o Grupo de Rescate Acuático dos Bombeiros da Coruña. A temperatura da auga era de 17 graos polo que os nadadores e nadadoras tiveron que utilizar neopreno para nadar de acordo coa normativa.

0.32208395004272