Nova conferencia en Monforte de Javier Akerman
GaliciaXa
Javier Akerman ofrecerá unha conferencia o xoves 6 de maio de 19:45 a 21 horas no Ateneo Casino na que se tratarán diferentes temas.
30 Abr 2021
Javier Akerman, lincenciado en Psicoloxía, especialista en neuroeducación e neurolingüística e profesor de práctica clínica en España do Colexio Superior de Naturopatía de Quebec (Canadá), ofrecerá unha conferencia o xoves 6 de maio de 19:45 a 21 horas no Ateneo Casino.
Nela trataránse os seguintes temas: Os velenos da mente: Ignorancia, apegos e ira, a importancia da macrobiota intestinal para ter boas emocións, a alimentación e o cerebro e as técnicas corpo-mente no século XXI: a meditación.
A entrada é de balde pero hai que facer unha reserva previa no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).