Novo curso online de iniciación ao canto
O vindeiro 14 de maio realízase un curso online de iniciación ao canto que será impartido por Lourdes Santos.
11 May 2021
O vindeiro 14 de maio realízase un curso online de iniciación ao canto. Dito curso, ten como obxectivo que os participantes entendan que a voz é un instrumento que todos temos no noso corpo e que podemos empregar. Está organizado pola Anpa do conservatorio profesional de música Xoan Montes xunto co departamento de canto e será impartido pola soprano Lourdes Santos. O grupo contará cun máximo de 10 persoas e a clase terá unha duración de dúas horas.
O curso é gratuíto e está aberto a toda a comunidade educativa do conservatorio profesional de música Xoan Montes de Lugo e a todas as persoas alleas ás que lles guste o canto.
As inscricións realizaranse por WhatsApp en calquera dos seguintes números: 686 733 577 ou 698 125 679.