O Camiño da Costa bate récords con preto de 36.000 peregrinos e consolídase como a ruta xacobea que máis medra, cun 20% máis no primeiro semestre do ano

A II Etapa Popular do Camiño da Costa entre Oia e Baiona serviu para celebrar a consolidación desta ruta como a que máis medra, con preto de 36.000 peregrinos no que vai de ano.
Camino de Santiago
23 Jun 2025

A II Etapa Popular do Camiño da Costa, entre Oia e Baiona, celebrouse este domingo cun percorrido polo tramo “máis espectacular” para confirmar a consolidación da ruta como parte do trazado xacobeo que chega a Vigo. Así o afirmaron a delegada territorial, Ana Ortiz, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que encabezaron a andaina e destacaron que o Camiño Portugués da Costa foi o segundo máis concorrido en maio, só por detrás do Francés.

Participaron preto de 150 persoas nun percorrido de 15 quilómetros desde o Mosteiro de Oia ata Baiona, entre elas os alcaldes de ambos municipios. O director de Turismo salientou que o Camiño da Costa foi percorrido por preto de 36.000 peregrinos no que vai de ano, un 20% máis que en 2024. Ademais, destacou que o 87% son estranxeiros, especialmente de Alemaña e Estados Unidos.

Ana Ortiz pediu sinalización do trazado ao seu paso por Vigo e destacou que en 2025 están a pasar unha media de 300 peregrinos diarios pola cidade. A etapa contou coa colaboración de entidades como a Federación de Comerciantes, Federación de Turismo e Hostalería, Amigos dos Pazos, Biscuits Galicia, Vodea, Coca-Cola e Gadis.

⚙ Configurar cookies
0.21504402160645