O Castro e o Poio logran o pase á final da Copa Galicia de fútbol sala feminina de marzo

O equipo chairego superou no derbi comarcal ao Vilalba mentres que o pontevedrés superou ao Estrela Futsal, nos dous casos este mércores pola tarde
castro-fsf-semifinal-copa-galicia
12 Nov 2026

A xornada de folga xeral serviu tamén para celebrar as dúas semifinais da Copa Galicia sénior feminina de fútbol sala.

O Castro FSF superou a outro chairego, o Vilalba FS, por 1-4 na capital da comarca, nun partido que quedou sentenciado na primeira parte. As visitantes foron contundentes con dous goles nos primeiros cinco minutos, de Natalia e Patricia, aínda que Antía puxo de seguido o 1-2 no marcador, a ledicia durou pouco porque Jennifer volver abrir fenda, no mesmo minuto, o 7.

Ao inicio da segunda parte Natalia marcou o segundo e o resultado xa non variou.

O Poio tamén accedeu ao último escalón da competición logo de vencer ao Estrela Futsal nun duro partido que se definiu nos minutos finais.

Dous goles de Marta na primeira parte, deixaban encarrilada unha vitoria que non pareceu tan clara na segunda metade da competición. Delise foia encargada de achegarse co 1-2 e Paula de empatar a dous minutos do final, aínda que na xogada seguinte sería Laura a encargada de marcar o gol que lles permitiu acceder á final, que se disputará no mes de marzo.

0.71978187561035