O Consello de Goberno da USC aproba a desadscrición da Escola Universitaria de Traballo Social

É o paso previo requirido co obxecto de facer efectiva a oficialidade do Grao como título da universidade santiaguesa
consello-de-goberno-usc
31 Jul 2026

O Consello de Goberno aprobou este venres en sesión extraordinaria a desadscrición, e o convenio que a formaliza, da Escola Universitaria de Traballo Social á Fundación Santiago Apóstol, paso previo necesario para que o Grao en Traballo Social pase a ser un título oficial propio da USC no curso 2027-28. A proposta debe ser agora aprobada pola Xunta de Galicia, unha vez que o Consello Social da USC dea o seu informe favorable.

Con esta aprobación, a USC inicia os primeiros pasos necesarios para manter na súa oferta formativa o Grao en Traballo Social, asegurar a calidade da formación impartida e permitir que o estudantado do Grao en Traballo Social poida beneficiarse dos dereitos recoñecidos ao da Universidade de Santiago de Compostela.

0.3550431728363