O contrabaixista Álvaro Iglesias ofrecerá un concerto hoxe no salón de actos da Deputación

La Diputación de Lugo acogerá hoy a Álvaro Iglesias. El concierto presentará "Alma" álbum por el que fue nombrado mejor artista gallego.
cartel Concerto Álvaro Iglesias
26 Nov 2021

Lugo contará co contrabaixista Álvaro Iglesias hoxe, 26 de novembro, ás 20 horas no salón de actos do Pazo de San Marcos.

O espectáculo leva o nome de “Alma”, título do primeiro traballo discográfico en solitario deste recoñecido contrabaixista galego. Interpretará co seu instrumento pezas de música tradicional, nunha proposta única que o distingue por facer melodías celtas cun contrabaixo, temas de autor tradicional e temas de composición propios, todos eles arranxados e producidos polo el mesmo. No concerto estará acompañado por Xosé Liz, coa guitarra acústica, frauta e bouzouki, e por Luis Peixoto, coa bandolina, bouzouki e zanfona.

Formado na música clásica, Álvaro Iglesias desenvolve a súa carreira na música tradicional galega. Entre os seus mestres figuran o lituano Iminas Kucinskas, Cris Gándara, Camilo Freire ou Carlos Méndez. Formou parte asemade de bandas coma “Tres”, grupo folk integrado por antigos compoñentes de Matto Congrio. Colaborou con artistas de renome como Carlos Núñez, Pancho Álvarez, Faltriqueira ou Anxo Lorenzo, participando con todos eles ao longo de xa máis de vintecinco anos de carreira en numerosos festivais do máis alto nivel internacional, como o Cambridge Folk Festival, Rock in Río, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico Loirent ou Gooikoorts, entre outros.

No concerto presentará “Alma”, álbum polo que foi nomeado a mellor artista galego do 2018, e tamén o primeiro disco na historia da música celta no que o instrumento solista é un contrabaixo. Ademais, tamén conta con outros dous traballos discográficos en solitario: “Vagalume” e BSO “Luarada”.

cartel Concerto Álvaro Iglesias
⚙ Configurar cookies
0.23281192779541