O curso de cultivo de cogomelos chega a Monforte este domingo

O curso, eminentemente práctico, será impartido por Carlos Pérez, quen falará sobre o ciclo dos cogomelos e o seu crecemento, entre outras.
curso cogomelos ateneo monforte portada
29 Apr 2021

Este domingo o Ateneo Casino, en colaboración coa Asociación micolóxica de  Monforte, Os Lactouros, acollerá un curso de cultivo de cogomelos comestibles. As persoas asistentes aprenderán a cultivar cogomelos comestibles nun xardín,  finca ou mesmo nunha terraza. 

O curso, eminentemente práctico, será impartido por Carlos Pérez, quen falará  sobre o ciclo dos cogomelos, o seu crecemento e alimentación, as variedades  de especies que se poden cultivar e como facelo. 

Terá lugar este domingo 2 de maio de 10:00 a 13:00 h. O prezo son 5€ para  persoas socias do Ateneo ou de Os Lactouros; de balde para socios de ambas asociacións ou 10€ para quen non sexa socio de ningunha.  

Para máis información e inscricións, hai que contactar no teléfono 648 435 033. 

curso cultivo cogomelos ateneo_monfote

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13640213012695