O Delas Fest celebra a súa sétima edición con dous murais en Santiago

O Delas Fest celebra a súa sétima edición con catro murais, dous deles en Santiago, e unha programación que pon en valor a arte urbana contextual e feminista.
Delas Fest
9 Jul 2025

A concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, presentou hoxe a programación da VII edición do Delas Fest, festival de arte urbana contextual feminista que contará con catro novos murais, dous deles en Santiago: en Santa Isabel e Vista Alegre. As outras intervencións realizaranse en Brión e Negreira.

Louzao destacou o valor do festival como ferramenta de democratización da cultura, de embelecemento urbano e de visibilización das mulleres artistas. Reivindicou tamén a colaboración institucional coa Deputación da Coruña e os concellos implicados, e agradeceu o traballo da cooperativa cultural 7H, organizadora do evento.

As artistas encargadas dos murais serán María Peña-Mapecoo, Hanna Lucatelli, Galleta María e Tamara Baz. As intervencións en Compostela desenvolveranse do 10 ao 16 de xullo, e en Brión e Negreira do 17 ao 24. O programa inclúe actividades participativas coa veciñanza, como roteiros, encontros e xuntanzas de anfitrioas, co obxectivo de integrar a comunidade no proceso creativo.

O festival continuará en setembro cunha programación expandida nos centros de secundaria e co Familia Delas Fest. A artista Lupita Hard asina o cartaz desta edición, homenaxeando á grafiteira Lady Pink. O material audiovisual corre a cargo de Julia Yánez.

⚙ Configurar cookies
0.34427499771118