O Dezasete Graos Ribeira Sacra presenta o cartel por días

The Divine Comedy, Sidonie, Baiuca, Anni B Sweet, Puño Dragón, Vera Fauna, Los Invaders e Mariagrep & Mundo Prestigio, conforman o cartaz da décima edición
17-ribeira-sacra-festival
18 Mar 2026

O festival Dezasete Graos Ribeira Sacra prepárase xa para celebrar o seu décimo aniversario, que terá lugar do 24 ao 26 de xullo de 2026. Será unha edición especial marcada pola celebración dunha década de música, encontros e experiencias nun dos paisaxes máis emblemáticos de Galicia.

Tras nove edicións, o festival volve para conmemorar estes dez anos cunha programación que combinará música, reencontros e brindes, todo iso nun entorno natural único que converte cada verán nun momento memorable.

A organización vén de facer público o cartel por días para esta edición, que contará coas actuacións de Baiuca, Anni B Sweet e Mariagrep & Mundo Prestigio o venres, e The Divine Comedy, Sidonie e Puño Dragón, o sábado. Todos os concertos celebraranse no escenario situado nas Bodegas Regina Viarum, en Sober, e só poderá accederse adquirindo á entrada.

Ademais, o sábada día tamén actuará o grupo Los Invaders de forma gratuíta no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras e, por último, o domingo, Vera Fauna pechará a edición de 2026 na Praza do Cantón de Chantada, cun concerto de libre acceso.

Ademais da música, esta edición especial incluirá novas experiencias e propostas gastronómicas, xunto con moitas sorpresas que se irán desvelando proximamente.

0.42896008491516