Festivais
Xunqueira de Espadanedo celebra o seu Samaín co festival 'Pousada das Ánimas'
O Concello ourensán organiza unha xornada de actividades para todos os públicos con obradoiros, contacontos, concertos, procesión e degustación gastronómica o vindeiro 31 de outubro
O festival itinerante 'UFF! Urban Femme Fest' fará parada en Ourense o 7 de novembro
A cita, dedicada ao talento urbano feminino, recalará no Auriense Café Cultural con tres artistas no escenario, un día despois de iniciar o seu percorrido en Santiago de Compostela
O OUFF presenta 'Sesiones Sumergidas', un proxecto que leva a música en directo a bordo de barcos por Galicia
A iniciativa, que combina actuacións musicais coa promoción do territorio galego, presentouse dentro do espazo do festival dedicado a proxectos en desenvolvemento
San Cibrao das Viñas acollerá en maio o Ouren Sound Fest 2027 cos seus primeiros artistas xa confirmados
O Campo de fútbol do Parque Tecnolóxico será o escenario dunha nova cita musical que reunirá a varios grupos da escena nacional e independente ao longo de dúas xornadas
O OUFF entrega os premios da súa II Residencia Audiovisual Faíscas a dúas curtametraxes galegas
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a clausura desta iniciativa que impulsa o talento emerxente do audiovisual galego a través da creación colectiva
O OUFF desvela a música que soará na súa 31ª edición
O certame combinará concertos na gala de apertura e de clausura cunha sesión vermú e unha proposta familiar na Praza Santa Eufemia
Ourense inaugura unha exposición dedicada ao universo de 'El Señor de los Anillos' polo seu 25º aniversario
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle ata o 1 de novembro unha mostra con pezas a tamaño real, armas oficiais e obxectos de coleccionismo da célebre triloxía cinematográfica, dentro da programación do OUFF · Ourense Film Festival
'El mal hijo' recibe o Premio Ópera Prima e pechará a 31ª edición do OUFF
A película, primeiro traballo como director do actor Jaime Lorente, proxectarase na gala de clausura do Auditorio Municipal, despois de coñecerse xa catro dos galardóns desta edición
O Ourense Film Festival arrinca a súa 31ª edición coa presentación dos xurados e dous novos premios
Un acto institucional celebrado no Pazo de Vilamarín reuniu a representantes do sector audiovisual, patrocinadores e colaboradores para avanzar a programación do certame e anunciar os seus últimos recoñecementos
O festival Castañazo Rock cumpre a súa XXI edición en Chantada con dúas xornadas de concertos
A localidade lucense acollerá os días 30 e 31 de outubro unha nova edición do festival, que combina música en directo con propostas culturais e de lecer para todos os públicos
O Festival RiR vivirá a súa xornada máis intensa coa gala que pon fin á novena edición
A programación do sábado combina literatura, música e cine familiar antes da Gala de Clausura, onde se coñecerá o palmarés oficial e se recoñecerá unha traxectoria vinculada á comedia
A primeira sesión de maxia para bebés e a actuación de Jandro protagonizan o peche do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria
O certame despídese este domingo cunha programación para todos os públicos e unha gran gala final na Praza da Vila
A maxia toma o Camiño Francés e enche Sarria de espectáculos durante a terceira xornada do festival
O certame ofrecerá este sábado actuacións para peregrinos, un gran espectáculo infantil, unha gala internacional e sesións de maxia de preto
Vendaval leva a Manán, Sarria, unha noite de cinema portugués con catro curtametraxes
A Palleira acollerá o 25 de agosto ás 22.00 horas unha sesión gratuíta coa presenza do realizador Jorge Quintela e da actriz Ana Vilaça
O Festival dos Eidos regresa a Parada do Courel co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
A cita, organizada pola Fundación Uxío Novoneyra, terá lugar os días 29 e 30 de agosto
As Cores do Outono regresa á Pobra do Brollón cun cartel protagonizado por Balteira, Ialma e Galega de Bailables
A duodécima edición do festival celebrarase o 11 e 12 de setembro na área recreativa de Samugueiros e incluirá tamén o espectáculo “Unha xograría de aldea”, de Alba de Vales
O Festival dos Eidos regresa ao Courel os días 29 e 30 de agosto con poesía, música e rutas
A undécima edición da cita, organizada pola Fundación Uxío Novoneyra, volverá celebrar o territorio literario arredor da casa natal do poeta
Eventos
O festival Soa Suarna converterá Navia de Suarna nun referente da música e a cultura galega o 22 de agosto
O evento reunirá concertos, mercado de artesanía, xogos tradicionais e actividades para todos os públicos nunha intensa xornada no corazón dos Ancares
Danza, tradición oral e circo enchen Santiago de actividades do Festival C entre o 17 e o 23 de agosto
A Casa das Máquinas, Bonaval, a Alameda, o parque de Galeras e a praza da Quintana acollerán propostas gratuítas para diferentes públicos ao longo da terceira semana do programa
O Festival Espírito Ribeiro chega este ano a Cenlle do 22 ao 23 de agosto
O municipio toma o relevo de Castrelo de Miño antes de trasladarse á Arnoia en 2027
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebra a súa oitava edición do 23 ao 30 de agosto con cinco artistas internacionais
O festival incorpora este ano o piano en dous dos seus concertos, que se trasladan a auditorios por necesidades loxísticas, e mantén os seus tradicionais ensaios abertos ao público en Os Peares
WOS Festival x SON Estrella Galicia completa a súa programación para setembro con 26 propostas en Santiago
A novena edición celebrarase do 11 ao 13 de setembro e contará con 13 proxectos que serán estreas en España, presentacións de novos traballos ou novos formatos audiovisuais
Álvaro de Luna completa o cartel máis ambicioso do Recorda Fest na Coruña
O festival despedirá o verán os días 4 e 5 de setembro no peirao de Batería cunha programación que supera os vinte artistas e inclúe nomes como Hombres G, Taburete, Juan Magán ou La M.O.D.A.
Falcatrueiros celebra catro décadas do seu Festival Internacional de Danza en Monterroso
O 40 aniversario contará cunha noite previa de concertos con De Vacas e Caamaño&Ameixeiras e cunha xornada de danza con participación internacional










