O Día internacional da Muller no Sector Marítimo será o 18 de maio

GaliciaXa
A Organización Marítima Internacional decidiu establecer o 18 de maio o Día internacional da muller no sector marítimo
OMI Día internacional da muller no sector marítimo
15 Abr 2022

O Consello da OMI, Organización Marítima Internacional, decidiu establecer un Día Internacional da Muller no Sector Marítimo, e que se celebrará o 18 de maio de cada ano.

O propósito do Día Internacional da Muller no Sector Marítimo será conmemorar ás mulleres deste sector, promover de maneira continuada a contratación, permanencia e o emprego sostido das mulleres no sector marítimo, promover a visibilidade da muller no sector marítimo, fortalecer o compromiso da OMI co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible ( ODS) 5 (igualdade de xénero) e ofrecer axuda para lograr resultados concretos para abordar o desequilibrio actual de xénero.

O Secretario Xeral da OMI, Kitack Lim, declarou: "Alégrome de que o Consello adoptase esta proposta. Non só fomenta os esforzos para lograr o ODS 5, senón que é unha acción de seguimento perfecta á resolución da Asemblea da OMI para conseguir unha contorna libre de obstáculos para as mulleres, de modo que todas as mulleres poidan participar plenamente, en condicións de seguridade e sen trabas nas actividades da comunidade marítima, incluída a navegación e a construción de buques".

A proposta de establecer un Día Internacional da Muller no Sector Marítimo foi abordada por primeira vez polo Comité de cooperación técnica da OMI en setembro de 2021. A proposta recibiu un amplo apoio do Comité de cooperación técnica ao remitila ao Consello.

Máis información sobre o Programa da OMI das mulleres no sector marítimo aquí.

0.17217993736267