O DOG publica a nova convocatoria do Bono Concilia Familia, que poderá solicitarse desde o luns

A Xunta destina máis de 2,5 millóns de euros ao Bono Concilia Familia, que poderá pedirse desde o 8 de setembro para campamentos ou coidadores a domicilio, e que cubrirá o 100% do custo en familias con necesidades especiais.
axuda familia
7 Sep 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a nova convocatoria do Bono Concilia Familia, unha axuda económica destinada a facilitar a conciliación das familias galegas en períodos puntuais, como vacacións escolares ou situacións laborais e de enfermidade. A convocatoria estará aberta ata o 7 de outubro e conta cun orzamento de máis de 2,5 millóns de euros.

Este programa beneficiou en 2024 a máis de 15.000 familias galegas con fillas e fillos de ata 13 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021), nos casos nos que ambos proxenitores traballan.

As achegas previstas son de ata 500 euros para a contratación dunha persoa coidadora a domicilio e de ata 200 euros por persoa para cubrir os custos de recursos e servizos específicos como ludotecas, campamentos ou espazos de ocio infantil.

A axuda cubrirá un máximo do 75% do custo do servizo, pero como novidade, nesta edición amplíase ao 100% no caso de familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con garda con fins adoptivos, nas que conviva algún fillo ou filla cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou vítimas de violencia de xénero.

⚙ Configurar cookies
0.32297587394714