O DOG publica os beneficiarios das axudas para razas autóctonas e ruminantes ameazadas

A relación inclúe un total de 247 gandeiros, cunha achega global de 390.000 euros
vaca-cachena
20 Nov 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade ás axudas para a recría das razas autóctonas de ruminantes ameazadas de Galicia correspondentes á convocatoria de 2026. En total son 247 os gandeiros beneficiados, cunha achega global de 390.000 euros.

Estas axudas están dirixidas a titulares de explotacións de razas autóctonas de ruminantes ameazadas, como son a Caldelá, Frieiresa, Vianesa, Limiá e Cachena, así como tamén de Ovella Galega e Cabra Galega.

Son subvencionables os animais de raza rexistrados no libro xenealóxico correspondente, presentes na explotación dende o 15 de xullo de 2026 e que teñan unha idade de entre 12 e 24 meses para o caso do vacún e de entre 6 e 18 meses para os exemplares de ovino e cabrún. Ademais, deberán ter un compromiso de permanencia na explotación dun mínimo 12 meses desde a data de finalización do prazo de solicitude.

En canto á distribución dos beneficiarios por provincias, destacan os de Lugo, que representan algo máis do 41 % do total, seguidos dos de Ourense, A Coruña e Pontevedra, por esta orde. Porén, a maior contía das achegas corresponde á provincia de Ourense (por riba do 42 % do total). A continuación, polo importe, estarían as de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

2.2580909729004