O filme O Gran Camiño será proxectado no Ateneo Casino de Monforte

GaliciaXa
El documental O Gran Camiño será proyectado en el Ateneo Casino de Monforte este viernes 22 de abril a las 20.15 horas.
o gran camino alba prol
o gran camino alba prol
20 Abr 2022

Este venres proxéctase no Ateneo Casino de Monforte o filme O gran camiño, un documental que percorre as grandes rutas a pé do mundo. A proxección contará coa presenza dos seus directores Alba Prol Cid e Raúl García, e presentación a cargo de Iván Patiño.

O filme é narrado en primeira persoa polos seus directores, dous cineastas que deciden emprender unha aventura de miles de quilómetros a pé, percorrendo rutas como Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, e tamén o Camiño de Santiago.

O percorrido é unha viaxe máis profunda que explora temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o cuidado do noso planeta ou o auto-coñecemento.

O gran camiño foi finalista a mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo, e pasou por multitude de festivais de cine por todo o mundo.

A proxección, de acceso libre, será este venres 22 ás 20:15. Prégase reserva no teléfono 648 435 033.

0.17399787902832