O Goberno mobiliza máis de 5.000 millóns para paliar o impacto da guerra e reforzar o escudo social e enerxético

O Goberno de España aproba 80 medidas con baixadas fiscais, axudas directas e impulso ás renovables para protexer fogares e empresas.
Pedro Sanchez
21 Mar 2026

O Goberno de España aprobou un amplo paquete de medidas urxentes para facer fronte ao impacto da guerra en Oriente Próximo, cun investimento superior aos 5.000 millóns de euros que beneficiará a máis de 20 millóns de fogares e 3 millóns de empresas.

O plan foi aprobado nun Consello de Ministros extraordinario e inclúe dous reais decretos lei: un con 80 medidas económicas e sociais e outro que establece a conxelación temporal dos prezos do alugueiro.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, explicou que as medidas entrarán en vigor de inmediato e buscan facer “máis levadeiros” os efectos dunha crise que, segundo advertiu, “non se poden evitar completamente”.

España, “o maior escudo social e económico da UE”

Sánchez destacou que, coa entrada en vigor destas medidas, España contará co “maior escudo social e económico de toda a Unión Europea” fronte a esta crise.

O presidente asegurou que o Goberno mobilizará todos os recursos necesarios e que o plan non é pechado, polo que poderá ampliarse se a situación empeora.

Rebaixas fiscais na enerxía e nos combustibles

Entre as medidas máis destacadas atópase unha redución drástica da fiscalidade enerxética:

Baixada do IVE da electricidade, gas e combustibles ao 10%
Redución dos impostos eléctricos ata nun 60%
Suspensión do imposto á produción eléctrica (IVPEE)
Redución do imposto eléctrico ao 0,5%
Baixada do prezo dos carburantes ata 30 céntimos por litro

Tamén se conxelan os prezos máximos do butano e do propano.

Axudas directas aos sectores máis afectados

O plan inclúe apoio específico para sectores clave como o transporte, a agricultura, a gandería e a pesca:

Axudas de 20 céntimos por litro de combustible profesional
Apoio á compra de fertilizantes
Ampliación en 300 millóns da liña de créditos para o sector agroalimentario

Ademais, bonifícanse nun 80 % as peaxes eléctricas para a industria electrointensiva, co obxectivo de preservar a súa competitividade e o emprego.

Protección aos fogares vulnerables

O paquete prorroga durante todo 2026 o escudo social:

Mantemento do bono social eléctrico
Prohibición de cortar subministracións básicas
Incremento das axudas térmicas

Tamén se flexibilizan os contratos enerxéticos para empresas e autónomos.

Impulso á transición enerxética

O segundo eixo do plan céntrase na soberanía enerxética e na redución da dependencia dos combustibles fósiles:

Deduccións no IRPF para placas solares, vehículos eléctricos e bombas de calor
Bonificacións no IBI e no Imposto de Sociedades para investimentos en renovables
Impulso ao autoconsumo e ás comunidades enerxéticas
Aumento da capacidade de almacenamento eléctrico

O obxectivo é reforzar a resiliencia do país ante futuras crises.

Conxelación dos alugueiros

O Goberno aprobou tamén unha medida específica para conxelar temporalmente os prezos do alugueiro, co fin de responder á presión sobre a vivenda.

Esta norma será negociada cos grupos parlamentarios para garantir a súa continuidade.

Chamamento ao fin do conflito

Durante a súa intervención, Pedro Sánchez reiterou o rexeitamento do Executivo á guerra e reclamou o cesamento inmediato do conflito, subliñando que, ademais do impacto económico, está a provocar graves consecuencias humanas.

0.31672811508179