O Goberno publica a orde con reducións do IRPF para agricultores e gandeiros galegos

O conxunto das reducións contempladas supón unha rebaixa da base impoñible estimada en 16 millóns de euros na Comunidade Autónoma
sementar-na-terra-agricultura-campo
18 May 2026

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este luns a orde do Ministerio de Facenda pola que se reducen os índices de rendemento neto no sistema de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) de 2025, o denominado sistema de módulos, para agricultores e gandeiros.

Esta orde recolle a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) de minoración destes índices, que tivo en conta os efectos de circunstancias excepcionais adversas que afectaron á rendibilidade de moitas explotacións agrícolas e gandeiras durante 2025.

Determinados sectores benefícianse de reducións específicas, do 50 % no caso da apicultura, e do 30 % en ovino e caprino, tanto para produción de carne como de leite.

Como noutras ocasións, efectuouse tamén un elevado número de reducións a nivel autonómico, provincial ou municipal noutras producións, entre as que destacan as aprobadas para os cereais, oliveiral e viñedo en importantes zonas produtoras.

Estas deducións súmanse á redución xeral do 5 % no rendemento neto para os aproximadamente 800.000 agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos establecida na orde HAC/1347/2024, do 28 de novembro.

En Galicia a redución da base impoñible estímase en 16 millóns de euros e beneficia aos aproximadamente 50.000 agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos.

As reducións aplicadas reflicten as situacións de adversidade climática do ano 2025, entre as que destacaron altas temperaturas, xeadas, sarabia, ventos, precipitacións extremas e a sucesión de incendios forestais do verán.

Adicionalmente, os agricultores e gandeiros poden beneficiarse doutras deducións como o índice aplicable ás actividades gandeiras que alimenten o gando con pensos e outros produtos adquiridos a terceiros, que representen máis do 50 % do importe dos consumidos. O índice único para todos os sectores gandeiros é do 0,5.

Tamén se aplica un coeficiente corrector por uso de electricidade para a rega, cunha redución dun 25 % do rendemento neto extensible a todos os regadíos e non só aos de consumo eléctrico estacional.

Igualmente mantense a exención do imposto do IRPF para o cobro dos ecorrexímenes da Política Agraria Común (PAC).

En Galicia os agricultores e gandeiros poden beneficiarse das reducións establecidas a escala nacional, que son as seguintes:

  • Ovino e caprino de carne de 0,13 a 0,09
  • Ovino e caprino de leite de 0,26 a 0,18
  • Apicultura de 0,26 a 0,13

Solicitudes a nivel municipal

Ademais, efectuáronse reducións adicionais en determinadas zonas e cultivos:

  • Apicultura: en 47 municipios (4 de Lugo e 43 de Ourense (incendios))
  • Bovino de carne: en 52 municipios (12 municipios de Lugo (4 por incendios) e 40 de Ourense (incendios))
  • Bovino de leite: en 13 municipios (4 municipios de Lugo (incendios) e 9 de Ourense (incendios))
  • Ovino e caprino de carne: en 47 municipios (4 municipios de Lugo e 43 de Ourense) (incendios)
  • Cereais: en 20 municipios (4 municipios de Lugo e 16 de Ourense) (incendios)
  • Flores e plantas ornamentais: en 2 municipios de Ourense (incendios)
  • Forestais con período de corta <30 anos: en 43 municipios de Ourense (incendios) Forestais con período de corta >30 anos: en 43 municipios de Ourense (incendios)
  • Forraxes: en 20 municipios (4 municipios de Lugo e 16 de Ourense) (incendios)
  • Froitos non cítricos: en 27 municipios (4 municipios de Lugo e 23 de Ourense) (incendios)
  • Froitos non cítricos: Mazá en 24 municipios (4 municipios de Lugo e 20 de Ourense) (incendios)
  • Froitos secos: en 47 municipios (4 municipios de Lugo e 43 de Ourense) (incendios)
  • Froitos secos: Castaña en 47 municipios (4 municipios de Lugo e 43 de Ourense) (incendios)
  • Fungos para consumo humano: en 1 municipio de Ourense (incendios)
  • Outros produtos agrícolas: Viveiros en 3 municipios de Ourense
  • Pataca: en 14 municipios de Ourense (incendios)
  • Produtos hortícolas: en 16 municipios (4 municipios de Lugo e 12 de Ourense) (incendios)
  • Produtos hortícolas: Cebola en 4 municipios de Ourense (incendios)
  • Produtos hortícolas: Pemento en 3 municipios de Ourense (incendios)
  • Produtos hortícolas: Tomate en 3 municipios de Ourense (incendios)
  • Uva para viño con D.O.: en 28 municipios (4 municipios de Lugo e 24 de Ourense) (incendios)
  • Uva para viño sen D.O.: en 24 municipios de Ourense (incendios)
0.34179186820984