O Grupo Socialista acusa á Xunta de deixar “tirados” aos pacientes galegos con covid persistente

Elena Espinosa urxe á Xunta a reabrir e reforzar as unidades post-covid que desmantelou, pois «entre o 10% e o 15% dos contaxiados teñen covid persistente» e quedan sen atención adecuada.
Psoe equipo
4 Jun 2025

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, acusou hoxe á Xunta de «deixar tirados» aos pacientes galegos con covid persistente tras o peche das unidades post-covid. Nun encontro coas responsables da Asociación Galega de Covid Persistente, Espinosa presentou a iniciativa que levará ao vindeiro Pleno do Parlamento, na que reclama reverter o desmantelamento das dez unidades que había en marzo de 2021.

Segundo explicou, esta enfermidade afecta ao 10–15 % das persoas que pasaron o virus e tradúcese en ata 200 síntomas distintos: fatiga crónica, néboa mental, dor muscular, dificultades respiratorias, insomnio, problemas neurolóxicos e dixestivos… un abanico que abarca ós sistemas cardiovascular, nervioso, endócrino, inmunolóxico, reprodutivo e dixestivo.

Espinosa esixiu tres medidas inmediatas:

Realizar un censo territorial actualizado de persoas con covid persistente en toda Galicia.

Reabrir e reorganizar de xeito «real e efectivo» as unidades post-covid en cada área sanitaria.

Garantir a formación do persoal sanitario nos centros de saúde que atendan estes pacientes.

Lembrou que, tras a posta en marcha das unidades multidisciplinares en marzo de 2021, foron atendidas unhas 12.000 consultas en 2022. Sen embargo, «a falta de interese da Xunta» levou ao peche progresivo delas, ata que o 25 de febreiro de 2025 se clausurou a última, en Ourense, deixando desatendidos 350 pacientes.

«Mentres a Xunta faga ‘reestruturacións’ de despacho e anunciñe reorganizacións que non chegan, centos de persoas quedan sen atención: escoiten aos afectados e actúen con responsabilidade, non con recortes improvisados que só benefician a unha minoría», rematou Espinosa.

⚙ Configurar cookies
0.29790902137756