O IES San Rosendo abre unha exposición sobre o mar

O IES San Rosendo de Mondoñedo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo inaugura este luns, ás 12 da mañá ,no Centro Comarcal de Mondoñedo a Exposición de fotografía Amara a Mar. Mariñas, Marosas e Maruxainas.
No acto participarán representantes da comunidade educativa do centro, do Concello de Mondoñedo, do Centro de Información á Muller de Mondoñedo e do Museo Provincial de Lugo.