O Iescha organiza un concerto homenaxe a Manuel María o sábado

GaliciaXa
O Iescha organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical Sol do Faro Brass de Chantada, dentro do programa Musiqueando.
concerto manuel maria sol do faro brass portada
21 sep 2021

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical Sol do Faro Brass de Chantada, todo elo dentro do programa Musiqueando convocado e financiado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingü.stica da Vicepresidencia - Deputación de Lugo.

O acto terá lugar o sábado 25 de setembro de 2021, ás 20:00 horas, na entrada da casa da cultura de Vilalba, ao carón da escultura de Manuel María. No caso de mal tempo, o concerto levaríase a cabo no Auditorio Municipal.

Teranse en conta, así mesmo, as medidas sanitarias establecidas nese momento pola covid-19.

SOL DO FARO BRASS

A agrupación Sol Do Faro Brass pertencente á Asociación Cultural Ateneo Musical de Chantada, nace no seo da Asociación Ateneo Musical de Chantada no verán de 2020 para impulsar a música de rúa no medio rural: as alboradas, os pasarrúas e todos esos actos musico-festivos que a pandemia deixou atras.

Está conformada por 7 veteranos músicos da bisbarra de Chantada e arredores e teñen un repertorio variado e animado adaptado ó publico de cada actuación.

concerto manuel maria sol do faro brass
0.076353073120117