O Insua Bernúdez acolle unha charla para pais sobre o uso de internet
A Anpa do CEIP Insua Bermúdez de Vilalba organiza unha charla que vai ser impartida en colaboración con Escola de Familias.
25 Apr 2022
A Anpa do CEIP Insua Bermúdez de Vilalba organiza unha charla que vai ser impartida en colaboración con Escola de Familias co título Uso de internet, móbiles e redes sociais por parte dos menores.
Esta actividade é completamente gratuíta tanto para socios como para non socios. Terá lugar o xoves 28 de abril de 17:00 a 19:00 no salón de actos da Biblioteca Municipal.
A inscripción deberá facerse através do código QR ou pinchando no enlace que teñen nas redes sociais, como data límite o martes día 26 de abril.