O lume ameaza o Teixadal de Casaio, o bosque máis antigo de Galicia

Un gran incendio procedente de Zamora entrou este domingo no territorio de Trevinca e ameaza xa unha das maiores xoias naturais do territorio. Segundo as últimas informacións, o lume achegase perigosamente ao Teixadal de Casaio, o bosque máis antigo de Galicia, unha reliquia natural única en Europa formada por máis de 400 teixos con idades que superan os 500 anos.
Este é só un dos novos focos activos na provincia, e un dos máis preocupantes polo gran valor natural do territorio. Un desastre que se suma ao da Serra de San Mamede, en Maceda, onde xa se superan as 3.000 hectáreas calcinadas, ou ao de Chandrexa de Queixa, que é xa o maior lume da historia de Galicia e que devasta unhas 17.500 hectáreas, arrasando gran parte do Macizo Central.
No Ribeiro, os focos activos en Carballeda de Avia e Beade ameazan as aldeas próximas. Oímbra, Xinzo de Limia, A Mezquita-A Esculqueira, Vilardevós e Larouco seguen tamén ameazadas polo lume.