O mércores 9 de xullo saen á venda as 5.000 reservas para o concerto de Gente de Zona

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o vindeiro mércores 9 de xullo saen á venda as 5.000 reservas para o concerto que Gente de Zona ofrecerá en Castrelos o 17 de xullo. As reservas seguirán o sistema habitual posto en marcha polo Concello.
En total, haberá 5.000 entradas dispoñibles para a platea do auditorio ao aire libre: 4.000 poderán adquirirse de forma presencial no propio recinto e 1.000 a través de internet. Para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas, independentemente do seu horario laboral, a venda realizarase en dúas quendas: unha de mañá (de 9:00 a 14:00 h) e outra de tarde (de 16:00 a 21:00 h), con 2.000 entradas físicas e 500 en liña dispoñibles en cada unha.
As reservas terán un custo de 10 euros e cada persoa poderá adquirir un máximo de catro, sempre que presente copia do DNI ou documento identificativo das persoas para as que realiza a compra.