O nivel de alerta por episodio de calor para o mércores será amarelo na zona de Valdeorras

Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, e no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, actualízanse para mañá mércores, día 29, os niveis de alerta por episodio de calor segundo o indicado a continuación:
Zona de Valdeorras: nivel 1, amarelo.
O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles nesta ligazón.
Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.