O parque Eugenio Granell acolle a Foliada das Letras Galego-Portuguesas ‘Agora cantamos nós!’

Este venres 23, Ponte…Nas Ondas! organiza no parque Eugenio Granell unha romaría musical que xunta 15 centros escolares galegos e portugueses para reivindicar o patrimonio oral común no marco das Letras Galegas 2025.
Agora cantamos nos
21 May 2025

No ano dedicado ás cantareiras e á tradición popular, o parque Eugenio Granell será escenario este venres 23 da Foliada das Letras Galego-Portuguesas ‘Agora cantamos nós!’, promovida pola asociación Ponte…Nas Ondas! coa colaboración do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia.

A xornada dará comezo ás 10:15 h cunha presentación institucional e continuación cun primeiro bloque de actuacións (10:30–12:30 h) que reunirá agrupacións dos seguintes centros:

CEIP López Ferreiro (Compostela)

IES de Ames

IES Barra (Ponteareas)

CEIP Cardenal Quiroga (Compostela)

IES Eduardo Pondal (Ponteceso)

CEIP Seis do Nadal (Vigo)

CEIP Petelos (Mos)

Escola Nadir Afonso (Chaves, Portugal)

Media hora máis tarde, ás 12:30 h, subirase ao escenario o grupo profesional De Vacas, e ás 13:00 h dará comezo o segundo bloque (13:00–14:00 h) con:

IES de Salvaterra de Miño

CEP Altamira (Salceda de Caselas)

Escola Profesional de Celorico de Basto

Tras un descanso para xantar e a actuación de Os Fondaos do Pínfaro (14:00–14:30 h), comezará o terceiro bloque (14:30–15:30 h) con:

IES Alexandre Bóveda (Vigo)

IES San Clemente (Compostela)

CEIP A Ramallosa (Teo)

Escola Nadir Afonso (Chaves, Portugal) e a presencia de 500 mozos e mozas de toda Galicia e o Norte de Portugal garantiran un ambiente festivo para transmitir ás novas xeracións o cancioneiro tradicional galego-portugués, recoñecido pola UNESCO como patrimonio cultural inmaterial.

⚙ Configurar cookies
0.077017068862915