O PSdeG cualifica á Lei de Educación Dixital da Xunta "declarativa e baleira de contido"

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Aitor Bouza, dixo hoxe que a Lei de Educación Dixital que vén de elaborar a Xunta e inicia agora o seu trámite parlamentario é “oca e baleira de contido” e “meramente declarativa”. Así o dixo na comparecencia da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa hoxe en Comisión parlamentaria.
Bouza explicou que a norma supón “un erro” e reclamou que a reinicien de cero convocando unha Comisión parlamentaria na que recoller aportacións e elaborar un texto “que realmente dea dereitos”. Así o dixo logo de amosar a súa sorpresa por que a directora xeral. Así o dixo logo de afearlle á directora xeral que dedicara a comparecencia, convocada para fala de políticas de convivencia, a criticar que os socialistas pediran a devolución da Lei de Educación Dixital.
Emprazou á Consellería de Educación a tomar en serio a Lei, e criticou que “quedan en darlles leccións ás familias” mentres o goberno galego, con plenas competencias en educación, “mira para outro lado”. “Deixen xa de simplemente chamar á porta das familias para dicirlles pouco máis que coiden dos seus fillos” e da súa maneira de afrontar as redes dixitais, dixo, cando “as leas externas aos centros educativos que despois se reproducen dentro non veñen só da aparición dos móbiles.
O responsable socialista reclamou maior dotación orzamentaria por parte do goberno galego para incrementar a dotación estrutural de profesores e persoal de apoio nos centros educativos e consolidar o incremento da plantilla que precisan os centros. Criticoulles que queiran presentar un Plan de convivencia sen ter en conta as aportacións dos orientadores e orientadoras que “vostedes o guisan e vostedes o comen”.