O PSdeG denuncia que o PP converte os medios públicos en “publicidade e propaganda”

Silvia Longueira denuncia o nomeamento dunha persoa vencellada ao último Goberno de Fraga para dirixir a CRTVG e acusa ao PP de usar unilateralmente a TVG e a Radio Galega como ferramentas de propaganda.
Besteiro Psoe
15 May 2025

A deputada do PSdeG, Silvia Longueira, denunciou este martes que o Partido Popular continúa a súa estratexia de manipulación dos medios públicos galegos co nomeamento dunha persoa vencellada “á ideoloxía e ás directrices do PP” para dirixir a CRTVG.

Segundo Longueira, trátase dunha profesional que formou parte do gabinete de comunicación dunha consellería durante o último Goberno de Fraga e que estivo ao cargo do departamento de información e documentación dunha TVG que, dixo, “acadou no último ano os seus peores resultados de audiencia”.

Criticou que se tratou dunha decisión unilateral, sen atender as propostas do Grupo Socialista sobre o perfil profesional que debería asumir a dirección da corporación pública. “Ninguén pode esperar que a Radio Galega e a TVG desenvolvan órganos que garantan a veracidade das informacións e a imparcialidade como bandeiras”, advertiu.

A deputada socialista quixo enviar “todo o apoio do PSdeG” aos profesionais da CRTVG, lembrando que levan máis de 360 venres negros en protesta pola manipulación e a falta de pluralidade. “Tedes o noso apoio e forza para que este país poida chegar á liberdade de información e de expresión nos medios públicos”, afirmou.

⚙ Configurar cookies
0.10319209098816