O PSdeG suxire que, con máis investigación e outro tratamento informativo, a TVG “quizais subiría a audiencia”

O PSdeG cuestionou en comisión parlamentaria os criterios informativos da dirección da CSAG, antiga CRTVG, á hora de abordar determinados asuntos de interese público.
A deputada socialista Silvia Longueira referiuse a cuestións que afectan a “persoeiros políticos galegos que tiveron, teñen ou poden acadar responsabilidades de goberno”, nas que, ao seu xuízo, se aprecian intencionalidades no tratamento informativo.
Como exemplo, mencionou a relación do ex presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co narcotraficante Marcial Dorado, un asunto que, segundo sinalou, desapareceu das emisións da televisión pública galega.
“Poucas veces vin maior relevancia para unha noticia que que un presidente da Xunta sexa amigo dun narcotraficante”, afirmou Longueira, quen criticou que, mentres medios de ámbito estatal trataron o tema en profundidade, a TVG non lle dedicase “ningún reportaxe de calado”.
A parlamentaria socialista sostivo que, fronte a esa ausencia, a televisión pública dedica ampla cobertura a cuestións de menor relevancia que afectan a outras figuras públicas.
Longueira advertiu de que, cun tratamento informativo diferente e con máis reportaxes de investigación, a TVG “quizais subiría a audiencia”, nun contexto no que, segundo indicou, o número de espectadores descende de forma sostida.