O Vencello organiza unha charla sobre o catastrazo

O vindeiro venres, 12 de novembro, a partir das 20 horas da tarde, o salón de conferencias municipal (antiga biblioteca)
catastrazo burela vencello casa dineiro
9 Nov 2021

O vindeiro venres, 12 de novembro, a partir das 20,00 horas da tarde, o salón de conferencias municipal (antiga biblioteca) do  Concello do Burela acollerá unha charla informativa sobre o catastrazo, durante a que se analizará a repercusión da recente actualización dos valores de referencia catastrais que entrarán en vigor o vindeiro ano 2022.

A conferencia é aberta ao público e está organizada pola Asociación de Veciños “O Vencello” de Burela. Correrá a cargo de Felipe Fernández Muriel, Enxeñeiro Técnico Agrícola; técnico do Punto de información catastral do Concello de Burela; responsable do Punto de Información Catastral da Mariña; experto técnico Inmobiliario (ETI); taxador xudicial inmobiliario; xerente de ‘FEAM Control Integral del Suelo’; e enxeñeiro xefe catastral de ‘Servicios Catastrales da Mariña’

Dende O Vencello convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela -e tamén aos do resto da Mariña- a asistir a este relatorio que afecta a todos os cidadáns; xa que a partir do próximo 1 de xaneiro entrará en vigor un novo valor de referencia que determinará os impostos que debe pagar quen merque unha vivenda de segunda man ou quen herde ou reciba en doazón un inmoble. Neste senso os expertos alertan de que suporá un aumento na tributación de diferentes impostos aos que afecta esta modificación; coma o  Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) para quen compra unha casa usada, ou Imposto de Sucesións e Doazóns; e tamén o Imposto sobre o Patrimonio.

catastrazo burela vencello

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16690802574158