O Victoria FC proclámase campión do XIV Trofeo Concello de Friol de fútbol feminino

A tarde aproveitouse para presentar os equipos do club que competirán este ano nas distintas categorías
trofeo-concello-de-friol-de-futbol
31 Aug 2026

O Municipal da Reigosa viviu este sábado unha gran tarde de fútbol feminino con motivo da XIV edición do Trofeo Concello de Friol, nunha xornada marcada polo bo ambiente nas bancadas e polo nivel de xogo ofrecido polos tres equipos participantes.

O Val de Narón, o Victoria FC Féminas e o PM Friol protagonizaron unha competición que permitiu aos afeccionados desfrutar dunha tarde de fútbol e que serviu tamén para poñer en valor o deporte feminino.

O Victoria FC foi finalmente o campión do torneo tras impoñerse ao PM Friol na quenda de penaltis. Desde a organización felicitaron todos os equipos participantes e, de maneira especial, ao conxunto vencedor polo título conseguido.

A celebración desta nova edición do Trofeo Concello de Friol volveu converter o Municipal da Reigosa nun punto de encontro para o fútbol feminino e para os afeccionados ao deporte na localidade. Ademais, a tarde aproveitouse para presentar os equipos do club que competirán este ano nas distintas categorías.

0.38266086578369