Organizan unha actividade para percorrer o Camiño de Santiago por etapas

Comeza un proxecto para levar a cabo un percorrido polo Camiño de Santiago, incentivado por parroquias de Meira, Pol, Castroverde e Lugo.
camino santiago etapas
30 Dec 2021

Comeza na Chaira un proxecto para levar a cabo un percorrido polo Camiño de Santiago, incentivado por varias parroquias de Meira, Pol e Castroverde xunto á lucense da Milagrosa.

Este actividade, que se realiza baixo o título Camiñando Xuntos, farase por etapas ao longo do ano que vén e convidan os veciños e a calquera persoa interesada a apuntarse.

Elaboraraon para facela un calendario con cinco etapas diferentes: o 22 de xaneiro percorrerán o tramo de Lugo a San Román da Retorta (18 quilómetros); o 12 de febreiro, o traxecto que une San Román da Retorta con Meilán (15 quilómetros); o 18 de marzo está prevista a camiñada de Melide a Cortobade (18 quilómetros); o 16 de abril percorrerase a distancia que separa Cortobade con Amenal (17 quilómetros) e o 14 de maio, na última cita, os asistentes camiñarán de Lavacolla ao destino final, Santiago de Compostela (9 quilómetros).

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 9 do próximo mes de xaneiro a través dos
números de teléfono 658 370 318 ou 667 677 363.

Os asistentes abonarán o servizo do autobús e todos terán que levar a súa propia comida e bebida de casa, ademais de roupa cómoda para poder camiñar os percorridos propostos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13084316253662