Os Bonos Corazón esgótanse en menos de hora e media con 300.000 euros repartidos

Os Bonos Corazón do Concello de Santiago de Compostela esgotáronse en menos de hora e media, ás 11.00 horas, tras habilitarse a súa descarga na web bonoscorazoncompostela.gal
.
O Concello destinou a esta segunda convocatoria un total de 300.000 euros, que se suman aos 300.000 da primeira edición celebrada en maio, chegando así aos 600.000 euros investidos este ano para apoiar ao comercio e á hostalaría locais.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, cualificou a resposta cidadá de “rotundo éxito”, subliñando que o orzamento “esgotouse nun tempo récord”.
Rozas lembrou que na primeira convocatoria de maio mobilizáronse máis dun millón de euros en vendas nos establecementos adheridos, e que “a previsión é alcanzar cifras similares nesta segunda quenda”, o que permitirá pechar o ano con máis de dous millóns de euros mobilizados na economía local.
Para a concelleira, estes datos “confirman que os Bonos Corazón son unha ferramenta moi útil para incentivar as compras, especialmente no novo formato impulsado este ano, en coordinación co tecido comercial, con dúas convocatorias situadas en épocas de menor consumo”.