Os Bonos Corazón mobilizaron case un millón de euros en vendas no comercio e a hostalería locais

A primeira campaña dos Bonos Corazón deste ano xerou vendas por case un millón de euros en Santiago, cunha alta participación do comercio local e da hostalería.
Bonos Corazon
22 Jun 2025

Os Bonos Corazón permitiron mobilizar case un millón de euros en vendas nos establecementos locais de Santiago, na primeira das dúas campañas previstas para este ano, que rematou o pasado luns. Dos 15.000 bonos descargados, utilizáronse case 13.200 no comercio e o resto na hostalería.

En total, as vendas xeradas polo uso dos Bonos Corazón ascenderon a 984.232,96 euros, dos que 744.840,61 euros foron abonados cos propios bonos. Desa cantidade, 300.000 euros foron achegados polo Concello.

Por sectores, o comercio concentrou 13.167 bonos e mobilizou 924.584,54 euros; mentres que a hostalería rexistrou o uso de 1.638 bonos cun volume de vendas de 59.648,42 euros. Un total de 541 establecementos adheríronse á iniciativa.

⚙ Configurar cookies
0.26735305786133