Os Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras organizan unha charla sobre a enerxía

GaliciaXa
La Federación de Pensionistas y Jubilados de Comisiones Obreras organizan una charla sobre las nuevas tarifas eléctricas el 2 de marzo.
carteL_charla tarifas electricas
carteL_charla tarifas electricas
1 Mar 2022

O mércores 2 de marzo ás 19:00 horas no salón de actos do edificio sindical, terá lugar unha charla co título "A enerxía é o teu dereito". Nesta reunión tratarase como tempa principal as novas tarifas eléctricas.

Esta charla está organizada pola federación de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras de Lugo, e a Unión de Consumidores de Galicia. Será impartida por Miguel López Crespo.

Miguel López Crespo é un abogado compostelano, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) desde o 2005 e vicepresidente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios. Participará tamén no Consello de Dirección do Instituto Galego de Consumo e no Consello Económico e Social de Galicia, ademais de exercer como árbitro da Xunta ARbittral de Consumo de Galicia dende o ano 1999. Participa frecuentemente nos medios de comunicación, destacando como unha voz experta en temas de defensa do consumidor.

0.072019100189209