Os Reis Magos realizarán un percorrido polas rúas focegas
Os Reis Magos xa están de camiño a Foz o día 5 de xaneiro, así, para que todos os nenos os poidan ver realizarán un percorrido polas rúas

4 Jan 2022
Os Reis Magos xa están de camiño e chegarán a Foz o día 5 de xaneiro, así, para que todos os nenos e nenas os poidan ver, realizarán un percorrido polas rúas de Foz a partir das 18.30 horas.
Como hai que continuar con precaución pola covid19, os Reis viaxarán nas súas carrozas sen acompañantes e non farán a súa parada no Concello.
Pero todas as nenas e nenos poderán saludalos de forma ordenada na Sala Bahía.