Ourense celebra este sábado o 57º Descenso do Miño organizado polo Club Piragüismo Ourense

Ourense prepárase para vivir unha das súas citas deportivas máis emblemáticas co 57º Descenso do Miño, que se celebrará este sábado, 13 de xuño, organizado polo Club Piragüismo Ourense. A proba converterá de novo o río Miño no escenario principal do piragüismo local, cunha xornada marcada pola competición e o ambiente deportivo.
A saída está prevista para as 17:00 horas en dous puntos diferentes segundo as categorías. Desde Os Peares, realizarase a saída simultánea para as categorías de homes xuvenil, sénior e máster en K1 e K2, que completarán un percorrido de 16 quilómetros polo río.
Pola súa banda, desde Barra de Miño sairá a proba para canoas, homes cadete en K1 e K2, así como todas as categorías femininas en K1 e K2. Neste caso, a distancia será de 7,5 quilómetros.
A chegada de todas as modalidades estará situada na zona da Batundeira, en Velle, onde se espera un bo ambiente para recibir os deportistas tras o esforzo.
A organización anima á cidadanía a achegarse para animar aos participantes e gozar dunha xornada de piragüismo nun dos eventos deportivos máis tradicionais da cidade.