Ourense continúa en situación 2 con varios incendios activos en Galicia

Medio Rural informa da situación dos incendios forestais en Galicia, con datos ata as 20.00 h deste martes. A provincia de Ourense permanece en situación 2, o que permite máis medios e recursos para loitar contra o lume.
Incendio
13 Aug 2025

A Consellería do Medio Rural actualizou este martes, ás 20.00 horas, a situación dos incendios forestais en Galicia. A provincia de Ourense continúa en situación 2 a nivel provincial, o que implica unha maior mobilización de medios e recursos da Comunidade Autónoma, da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e doutras administracións.

Entre os lumes activos destacan:

  • Maceda-Santiso (500 ha)

  • Chandrexa de Queixa-Requeixo (3.500 ha)

  • Chandrexa de Queixa-Parafita (100 ha)

  • Ourense-Seixalbo (50 ha)

  • Oímbra-A Granxa (80 ha)

  • A Mezquita-A Esculqueira (100 ha)

  • Dozón-O Castro (100 ha, con situación 2)

  • Samos-Santalla (200 ha)

Están estabilizados os incendios de Montederramo-Paredes (120 ha), Vilariño de Conso-Mormentelos (180 ha), Vilardevós-Moialde (40 ha), Maceda-Castro de Escuadro (450 ha) e Cartelle-Anfeoz (20 ha).
Mantéñense controlados os de A Fonsagrada-Monteseiro (150 ha), Verín-Mourazos (9 ha) e A Estrada-Souto (20 ha).
Xa está extinguido o lume de Monfero-Queixeiro, que afectou a 4,88 hectáreas dentro do Parque Natural das Fragas do Eume.

Medio Rural lembra que o teléfono gratuíto 085 está dispoñible para avisar de calquera incendio, así como o número anónimo 900 815 085 para denunciar actividades incendiarias. A información actualizada sobre lumes de máis de 20 hectáreas publícase en @incendios085.

Consulta 0 mapa de incendios

⚙ Configurar cookies
0.2011251449585