Pablo Pueblo súmase ao cartel do Our Fest 2025

Ourense prepárase para unha xornada intensa de música este sábado en Expourense, co Our Fest 2025, que vén de confirmar a incorporación de Pablo Pueblo como encargado das sesións entre actuacións. O DJ súmase así a o cartel desta edición, composto por Dream Nails, Viva Belgrado, Mercury Rev, León Benavente, Happy Mondays e Kruder & Dorfmeister.
Con máis de trinta anos de experiencia, Pablo Pueblo mestura estilos diversos —desde black music e boogaloo ata psych rock, salsa dura, rumba, flamenco fusión, jazz latino e toques electrónicos— ofrecendo auténticos viaxes sonoros que mantiveron viva a noite en locais como Candela, Proper Sound ou Ticuí en Madrid. No festival, continuará esta proposta cun percorrido polo mellor da música popular independente, tanto galega como internacional.
A programación arrincará ás 17:30 horas co punk reivindicativo de Dream Nails, seguido de Viva Belgrado ás 18:45 horas, que presentarán o seu último traballo Cancionero de los cielos. Ás 20:15 horas subirán ao escenario os Mercury Rev coas súas psicodelias envolventes, antes do rock eléctrico de León Benavente ás 21:45 horas. Xa de madrugada, Happy Mondays recuperarán o espírito do Madchester a partir das 23:25 horas, e pechará a noite o dúo austríaco Kruder & Dorfmeister ás 00:45 horas.