Pantón continúa en alerta 2 polo incendio que afecta xa unhas 2.000 hectáreas

O lume deixou esta fin de semana varias casas arrasadas nas localidades de Acedre e Budián
incendio-panton
22 Sep 2025

O incendio forestal iniciado o pasado xoves 18 de setembro na parroquia de Pombeiro, en Pantón, continúa activo e mantense a Situación 2 de forma preventiva. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta arredor de 2.000 hectáreas, incluíndo parte do concello de Sober.

A situación máis complicada viviuse o pasado venres pola tarde, cando o incendio chegou ás localidades de Acedre e Budián, onde se viron afectadas sete vivendas, catro abandonadas e tres secundarias ou deshabitadas, que sufriron desperfectos debido ás lapas.

O domingo, todas as persoas evacuadas puideron regresar aos seus fogares, aínda que a situación segue a preocupar, xa que o lume permanece activo no terreo. Ata o de agora, para súa extinción mobilizáronse un total de 21 técnicos, 143 axentes, 157 brigadas, 113 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións, contando tamén coa colaboración da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

⚙ Configurar cookies
0.24374604225159