As actividades fluviais do domingo trasládanse ás piscinas de Sete Muíños

O Concello de Guitiriz, en concreto en Parga, acolle unha xornada de actividades fluviais gratuítas o vindeiro domingo 1 de agosto.
actividades fluviais tobogan
30 Jul 2021

As actividades fluviais gratuítas do vindeiro domingo 1 de agosto, previstas para Parga, realizaranse finalmente na piscina fluvial de Sete Muíños de Guitiriz. Tobogáns, kaiaks, paddle surf e rocódromos acuáticos, son algunhas das actividades das que todos os nenos e nenas que o desexen poderán disfrutar. O horario no que se levará a cabo será de 16 a 19 horas e os participantes contarán con monitores especializados, que lles ensinarán e cos que farán as diferentes actividades dispoñibles.

Levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes -distancia de seguridade, desinfección, grupos reducidos, etc-. Desta maneira, os nenos e nenas maiores de 6 anos gozarán dunha tarde de río diferente, fresca e amena; na que se poderán xuntar veciños, veciñas e visitantes da vila.

actividades fluviais guitiriz

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10751104354858