Pígara celebra a última fin de semana de mes as súas patronais

GaliciaXa
Volven as festas patronais a Pígara na honra da Virxe dos Milagres, que terán lugar do 29 ao 30 de abril e comezarán cunha cea.
festas patronais guitiriz portada
17 Abr 2022

Volven as festas patronais a Pígara, en Guitiriz, na honra da Virxe dos Milagres, que terán lugar do 29 ao 30 de abril.

As celebracións darán comezo o venres cunha cea a base de liscos, chourizos e pan a partir das 10 da noite e unha verbena a cargo do dúo Calu.

O sábado comezarán ás 13.30 horas coa tradicional misa solemne seguida de procesión que rematará coa tradicional sesión vermú que este ano estará ao cargo do grupo Fénix.

Este mesmo grupo amenizará a verbena xunto á orquestra Galilea.

0.17116808891296