Piornedo Anda organiza un novo roteiro o domingo

O novo roteiro etnográfico percorrerá a chamada ‘Ruta larga das papoulas’, de cinco horas de duración. Os interesados en participar deben inscribirse.
cervantes piornedo anda ruta
13 Apr 2021

Piornedo Anda segue coa súa programación de roteiros de carácter etnográfico e fai unha nova proposta para a vindeira fin de semana. Será o domingo, día 18, cando o colectivo percorrerá a chamada ‘Ruta larga das papoulas'.

Como é habitual, a saída será ás 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, desde onde se iniciará un percorrido dunhas cinco horas de duración. Os participantes comerán no monte polo que desde a organización recomendan levar bocadillo.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que contará con explicacións da man de guías nativas sobre os usos e costumes tradicionais da montaña lucense, poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 ou 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de catro euros por persoa.

piornedo anda ruta
0.12603092193604