Pontevedra lanza ‘O monte é teu’ con 20 actividades gratuítas para descubrir os parques forestais

A concelleira de Montes, María José Abilleira, presentou hoxe a nova edición de ‘O monte é teu’, unha iniciativa do Concello que pon en valor os parques forestais da Fracha, A Tomba e Pontillón do Castro.
Entre o 23 de maio e o 21 de xuño, o programa inclúe 20 actividades gratuitas para toda a familia (máximo 4 prazas por persoa), cun total de 450 prazas asignadas por orde de inscrición. Haberá rutas interpretativas, xogos tradicionais, observación directa de flora e fauna, astronomía nocturna e incluso paddle surf na contorna do embalses. Como novidade, incorpóranse obradoiros creativos e titoriais de plantas de uso cotián.
Abilleira destacou que “queremos que as familias, a mocidade e a xente maior descubra, xogue e aprenda a respectar a biodiversidade dos nosos montes”, e agradeceu ás Comunidades de Montes de Marcón, Tomeza, Canicouva, Campañó e Verducido “a cesión xenerosa dos espazos”. As inscricións xa están abertas na web municipal e recoméndase apuntarse canto antes.