Porta Norte organiza un torneo de ximnasia esta fin de semana
Preto de 800 ximnastas se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. Hoxe celébrase o 4º Torneo Interescuelas Fase Norte de Ximnasia Rítmica e o domingo terá lugar o XXV Aniversario do Torneo Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. O
Nelly Bouso, da Escola Porta Norte, que é o club organizador, contou que “o sábado celebramos o 25 aniversario do Torneo do Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Este ano é unha edición especial porque xa que son 25 anos non quixemos deixar de organizalo a pesar das circunstancias porque queríamos celebrar coas nosas compañeiras que levan estes 25 anos vindo. Seguir celebrando isto, que para nosoutros é unha festa da ximnasia rítmica, de feito é unha edición non competitiva e todas as ximnastas van levar o seu regalo por vir e participar. Veremos ximnastas dos niveis escolar, promoción, prebase e temos a participación especial das ximnastas da provincia de Lugo do nivel base que compiten a nivel nacional e nos representan no campionato de España. E o domingo celebramos a fase norte do Cuarto Torneo Interescuelas, no que participan clubs de Lugo e Coruña, onde disputamos quedar nas primeiras prazas de cada categoría para poder posteriormente participar na fase final conxuntamente coas ximnastas clasificadas na fase sur”.
E engadiu que “entre os dous torneos case 800 ximnastas pasarán por Ribadeo: 400 aproximadamente no torneo do sábado, divididas en tres turnos; e no torneo do domingo, divididas en dous turnos, máis de 300”.