Rafa Domínguez asiste á presentación da Costa Atlántica MTB Tour, que chega a Pontevedra do 4 ao 6 de abril

O evento contará cunha etapa nocturna e dúas rutas de 80 e 65 quilómetros polas paisaxes da provincia
Costa Atlantica MTB Tour
27 Mar 2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na presentación da Costa Atlántica MTB Tour, que terá lugar do 4 ao 6 de abril con Pontevedra como base de operacións. A competición de bicicleta de montaña percorrerá algúns dos espazos naturais máis emblemáticos da provincia e contará cunha etapa nocturna pola cidade, ademais de dúas etapas de longa distancia: unha de 80 km e outra de 65 km.

Domínguez destacou que a Deputación apoia esta proba porque “amosa a fortaleza dos nosos ciclistas e tamén as espectaculares paisaxes naturais coas que contamos nesta provincia”. Tamén salientou que “o deporte é unha área estratéxica para o desenvolvemento da provincia” e que están a traballar man a man con concellos, clubs e entidades para atraer grandes eventos deportivos que poñan Pontevedra no mapa.

⚙ Configurar cookies
0.11738395690918