Ribadeo acollerá do 20 ao 25 de xullo o I Campus Internacional de Baloncesto ‘Sublime’

A Xunta de Galicia apoia a primeira edición do Campus Internacional de Baloncesto ‘Sublime’, que se celebrará do 20 ao 25 de xullo no pavillón municipal de Ribadeo. O delegado territorial, Javier Arias, xunto ao alcalde, Daniel Vega, presentou hoxe esta iniciativa promovida polo ex xogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA Payton Pritchard.
O campus, dirixido a deportistas nados entre 2007 e 2013, contará cun equipo técnico de primeiro nivel. Baixo a dirección dos adestradores europeos Josep María Raventós e do estadounidense Casey Trujeque, os participantes perfeccionarão técnicas do baloncesto europeo e americano. Ademais, o programa inclúe adestramentos, competicións, charlas sobre psicoloxía deportiva e nutrición, e actividades culturais.
Javier Arias destacou que esta acción “fomenta o deporte base, o traballo en equipo e o intercambio cultural”, e está en liña cos programas da Xunta, como Xogade ou a oferta de 11.650 prazas en campamentos de verán para mozos de 9 a 30 anos.