Ribas de Sil liderou as temperaturas en Galicia cunha máxima de 39,4 graos

As temperaturas baixarán durante todo o día e haberá treboadas durante toda a mañá en Galicia, que se prolongarán toda a tarde na provincia de Lugo
Ola de Calor
25 Jun 2026

O municipio lucense de Ribas de Sil rexistrou este mércores a temperatura máis elevada de Galicia ao alcanzar os 39,4 graos, nunha xornada marcada polos avisos por calor en diferentes puntos da comunidade.

Segundo os datos facilitados por MeteoGalicia, Ourense cidade chegou aos 39,1 graos, mentres que A Pontenova alcanzou os 38,3 e Monforte de Lemos os 38,1 graos, situándose tamén entre os lugares máis calorosos do día.

No extremo contrario, as temperaturas máis baixas rexistráronse en Lalín, con 15,2 graos; Calvos de Randín, con 15,3; O Valadouro, con 15,7; Baltar, con 16,3; e Cospeito, con 16,4 graos.

De cara ao xoves, MeteoGalicia prevé unha mudanza das condicións meteorolóxicas, coa chegada dunha situación máis inestable que deixará ceos con intervalos nubrados e posibilidade de chuvascos tormentosos.

As temperaturas experimentarán un descenso xeralizado, máis moderado nas mínimas e máis acusado nas máximas, mentres que os ventos soprarán de compoñente sur.

Durante toda a mañá haberá treboadas de nivel amarelo en toda Galicia mentres que o aviso prolongarase ata a noite só para a provincia de Lugo

0.34004521369934